Completa o ciclo a ONG Egueire dos seus proxectos. Desta volta segue 
traballando no proxecto da escola agrícola para Costa de Marfil, para a 
que tamén se formaron na bisbarra dous estudantes marfileños.
 Pero ademais de coñecemento fan falta cartos, e diso se encargaron os 
pequenos do ciclo de Infantil do CEIP Eugenio López, que organizou un 
mercadillo solidario a primeiros de xuño.
Un mercadillo que vendiu botes da calma, pulseiras, pinzas,  kits de 
prantas, lapiceiros, xogos … e demais cousas feitas na sua totalidade 
polos rapaces o longo de todo o presente  curso,  e postos a venda para 
os demais alumnos do colexio e os pais e nais dos mesmos. 
O mercadillo leva xa 3 cursos en marcha e nel non existen prezos 
senón que son os propios compradores os que deixan o que ven convinte. 
E despois de facer contas, o pasado xoves 14 de xuño, os alumnos 
facía entrega do 800€ recadados ao presidente de Egueire ONG, Padre 
Desire.
A satisfaccion da entidade é análoga a do centro, que se mostra moi 
satisfeito porque serve ademais para que os alumnos coñezan Costa de 
Marfil e a realidade do país africano.
https://quepasanacosta.gal/os-alumns-do-eugenio-solidarios-con-costa-de-marfil/


Ningún comentario:
Publicar un comentario