Completa o ciclo a ONG Egueire dos seus proxectos. Desta volta segue
traballando no proxecto da escola agrícola para Costa de Marfil, para a
que tamén se formaron na bisbarra dous estudantes marfileños.
Pero ademais de coñecemento fan falta cartos, e diso se encargaron os
pequenos do ciclo de Infantil do CEIP Eugenio López, que organizou un
mercadillo solidario a primeiros de xuño.
Un mercadillo que vendiu botes da calma, pulseiras, pinzas, kits de
prantas, lapiceiros, xogos … e demais cousas feitas na sua totalidade
polos rapaces o longo de todo o presente curso, e postos a venda para
os demais alumnos do colexio e os pais e nais dos mesmos.
O mercadillo leva xa 3 cursos en marcha e nel non existen prezos
senón que son os propios compradores os que deixan o que ven convinte.
E despois de facer contas, o pasado xoves 14 de xuño, os alumnos
facía entrega do 800€ recadados ao presidente de Egueire ONG, Padre
Desire.
A satisfaccion da entidade é análoga a do centro, que se mostra moi
satisfeito porque serve ademais para que os alumnos coñezan Costa de
Marfil e a realidade do país africano.
https://quepasanacosta.gal/os-alumns-do-eugenio-solidarios-con-costa-de-marfil/
Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
21 de xuño de 2018
20 de xuño de 2018
18 de xuño de 2018
15 de xuño de 2018
14 de xuño de 2018
13 de xuño de 2018
12 de xuño de 2018
11 de xuño de 2018
9 de xuño de 2018
Encontro con María Canosa
O xoves 14 de xuño terá lugar o encontro coa escritora María Canosa.
O encontro terá lugar na Biblioteca.
De 10:00 a 11:00 para o alumnado de 1º e 2º de primaria .
De 11:00 a 12:00 para o alumnado de 5º curso
Presentará o seu libro "O día que choveu do revés" a 1º e 2º
E o libro "Muriel a 5º curso.
6 de xuño de 2018
Visita ao MELGA
5 de xuño de 2018
Mercadiño solidario
J. V. L.
Cee /A VOZ
Todos os anos pasa, que nas primeiras horas se esgota todo, e esta vez non foi menos porque o éxito do mercado solidario organizado polo colexio Eugenio López de Cee foi absoluto. Se nas primeiras edicións o recadado destinouse a Cáritas e a unha compañeira do centro que se tiña que someter a unha cara operación cirúrxica, esta vez os beneficios dos marcapáginas, pulseiras, colares, bólas antiestrés... e demais produtos elaborados polos alumnos, xunto a tres cadros que doou unha avoa, irán para Egueire. Aínda que o máis importante, como destacan desde o centro, é «concienciar» e que a mensaxe da solidariedade cale entre os pequenos e as familias.
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2018/06/05/exito-fulgurante-apuesta-solidaria-colegio-eugenio-lopez/0003_201806C5C6994.htm#
4 de xuño de 2018
Amelia Earhart, María Callas y Mery Shelley
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Comunicamos que durante o mes de XUÑO non hai actividades extraescolares.
3 de xuño de 2018
Alguns videos da exposición sobre María Callas
Moitas gracias!!!! a todo o alumnado de 6º pola sua colaboración na exposición de María Callas.
Un grupo de 6ºA presenta ao alumnado de 3 anos
Un grupo de 6ºA enseña ao alumnado de 2ºC un exercicio
de respiración "El árbol"
Un grupo de 6ºB expón a 1ºB
"El teatro de la ópera"
Un grupo de 6º C expone a 4 anos A
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)