Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
23 de mar. de 2018
21 de mar. de 2018
CASA DA CULTURA
O xoves, 22 de marzo de 2018, na Casa da Cultura, haberá unha charla impartida por Desiré Kouakou, da ONG Egueire. Ás 11 horas, dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
20 de mar. de 2018
21 de marzo
1 A POESÍA É UNHA
BARRICADA DE PALABRAS REBELDES que
ilumina o camiño da vida e deita luz sobre o mundo. A poesía non morde , non manca e, aínda que
haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin cursi, nin difícil. E hai
moitos tipos de poesía para que elixamos.
2 A POESÍA SERVE PARA LER, CANTAR, DISCREPAR, BERRAR,
RECITAR, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou
unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnífero para durmir ben,
unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar e aguiza o
pensamento. Serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non
veñen no dicionario.
3 OS POEMAS SON COMO CAIXAS DE FERRAMENTAS, VALEN PARA TODO:
para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos,
para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos,
recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos
na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para
devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. A poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os granos da
cara, os pés planos, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor,
as indixestións, os enfados, a ansiedade e as gripes.
4 A POESÍA PODE ESTAR NAS COUSAS QUE NOS RODEAN A DIARIO,
nas letras das cancións, no graffiti da parede do barrio, na soidade, no
supermercado, nun sorriso inesperado, na moto, nas causas xustas, no váter, na
esperanza, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no ceo
cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti
queiras .
5 O IMPORTANTE DA POESÍA NON É OBSESIONARSE CON DESCIFRALA senón
saber sentila, gozala e intuíla. Na poesía reconforta sentir a forza das súas
palabras, o seu ritmo, a súa musica, a súa sonoridade, as chiscadelas que por
veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus
enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.
Fran Alonso
Forman un trío tres instrumentos.
Uns son de corda, outros de vento.
Un cuarteto catro amores.
Un quinteto cinco flores.
Un sexteto, seis olores.
17 de mar. de 2018
NA CASA DA CULTURA
O luns 19 de marzo, co alumnado de 5º e 6º de primaria ás 12:00h na casa de cultura. "ALBORADA"
14 de mar. de 2018
13 de mar. de 2018
Carla Martínez na selección galega
ALERTA LARANXA
Alerta de nivel LARANXA por
refachos de vento durante o día 14 de
marzo en Galicia
A Axencia Estatal de
Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso
de nivel LARANXA por refachos de vento superiores aos 100 km/h, que comezará nas primeiras horas do mércores
día 14.03.2018 e prolongarase ata a tarde/noite de dito día. Este
adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste
de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de
Lugo.
Ante a devandita
situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
- A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos
situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas, con seguimento das
condicións climáticas.
- Para o caso de que
as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco
superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as
direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das
actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser
consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)
12 de mar. de 2018
Chega a primavera
Neste caderno poderás atopar preguntas sobre reciclaxe
dirixidas ao 2º ciclo.
Preme nesta ligazón: cadernoverde
11 de mar. de 2018
Na aula de música
Contacontos: Iago López, sobre o libro de Mª Victoria Moreno "Eu conto, ti cantas"
O mércores 14 de marzo
A actividade terá lugar na aula de música
De 11:00 a 11:30 : O alumnado de Educación Infantil
De 11:30 a 12:00 : O alumnado de 1º e 2º curso
9 de mar. de 2018
Na casa da cultura
O luns 12 de marzo ás 12:00h temos unha cita na casa de cultura co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. "O SOÑO DOS CONTOS"
O mércores 14 de marzo, co alumnado de 5º e 6º de primaria ás 12:00h na casa de cultura. "ALBORADA"
Noticias de última hora!
Hoxe, 9 de
marzo de 2018, veu á nosa Biblioteca unha libreira de Santiago a lernos uns
contos e a ensinarnos os libros que a ela máis lle gustan da súa librería.
Con ela,
recordamos que fan a autora/or e o
ilustrador. Tamén nos explicou de que se encargan o deseñador gráfico e o
editor.
Recomendounos
que léramos moito.
Alumnas e
alumnos de 2º C
8 de mar. de 2018
Jessica Mouzo Quintáns,
6 de mar. de 2018
Educar na igualdade...dende a familia, dende a escola, dende todos os ámbitos da sociedade.
Esta semana recomendamos, para os máis pequenos, "Unha feliz catástrofe"
Para os, non tan pequenos " O maltrato Sutil "
Para o máis maiores, vídeos para a reflexión .
Está nas nosas mans, que non sexa un soño imposible:
Somos conscientes da influencia da publicidade ?
Historias en papel, na nosa biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)