Xa chegamos aos 100.000!
Moitas gracias aos que colaborades co blogue e por suposto aos nosos visitantes.
Celebrarémolo moi pronto . O noso blogue sí que mola !!!!
22 de feb. de 2018
ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO CURSO 2018-2019
1.- Publicación de postos vacantes escolares: mércores, 28 de febreiro.
2.- Presentación da solicitude de admisión (anexo II): do xoves, 1 de marzo ata o martes, 20 de marzo.
3.- Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria: do martes, 12 de xuño ata o venres, 29 de xuño.
Rosalía
é o símbolo da literatura galega, a figura máis representativa da
nosa cultura e do noso idioma. Recordamos
a Rosalía de Castro no día do seu nacemento o 24 de febreiro, con
este poema recollido no seu
libro "Cantares gallegos"
As de Cé, ¡Virxe do Carme!, ¡que cariñas tan ben feitas! Cando están coloradiñas
no ruxe-ruxe da festa, cada mirar dos seus ollos fire como cen saetas. Nin hai man tan ben cortadas, tan branquiñas e pequeñas como as que amostran finxindo que non queren que llas vexan.
Na aula de música estamos preparando unhas coplas para cantar o día do desfile de entroido o venres 9 de febrero. Botádelle un vistazo para aprender ben a letra. Están no blogue de música.