Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
22 de nov. de 2017
Pasos pola igualdade
No Ceip Eugenio López estos
días pisamos dun xeito diferente.
Porque os nosos pasos , que
son moitos, queren fomentar
a igualdade e a coeducación.
Que pasa na costa preme “Máis boas cás patacas”, a banda de Teo que conseguiu co seu tema “Son muller” gañar o concurso “Quero Cantar” da área de Cultura da Deputación da Coruña. Na súa canción “Son muller”, as oito mozas de Teo, estudantes do IES de Cacheiras reivindican os dereitos e a igualdade para as mulleres.
ALERTA LARANXA DURANTE O MÉRCORES, 22 DE NOVEMBRO DE 2017
Alerta laranxa por refachos de vento de ata 100/km durante o 22 de novembro na provincia da Coruña e mariña de Lugo
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 9 horas en adiante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo.
Ante a devandita
situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión
das actividades no exterior a partir das 9.00h das instalacións do
centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das
condicións climáticas.
Para o caso de que as
circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior,
os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das
actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades
extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser
consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org)
19 de nov. de 2017
PLAN PROXECTA CURSO 2017/18
Foron concedidos para o noso centro 2 plans proxecta:
2- CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES ( proxecto deportivo de centro)
10- DONAS DE SI ( ámbito igualdade)
2- CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES ( proxecto deportivo de centro)
10- DONAS DE SI ( ámbito igualdade)
13 de nov. de 2017
XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A Federación Provincial de ANPAS Costa da Morte e a confederación de ANPAS Galegas, organiza durante os días 23, 24 e 25 de novembro unhas "Xornadas sobre a Atención á Diversidade " nas que poderán participar tanto pais e nais de alumnos como profesorado ou calquer persoa interesada
9 de nov. de 2017
1 de nov. de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)