PROPOSTA DE REDACCIÓN SOBRE A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO e REUNIÓN :
PRAZO DE ENTREGA:
Luns 23 de maio.
ÁREA: Lingua galega.
Escribe unha redacción sobre a viaxe a Madrid tendo en conta o seguinte:
1) Pódela facer a man ou a ordenador. A extensión mínima é de dúas
carillas a ordenador e de tres a man. Non hai extensión máxima asi que
tenta facer unha composición escrita completa.
2) Debes deterte nos detalles das saídas que fixemos e buscar a
información necesaria sobre a historia dos lugares que visitamos.
3) Podes incluír fotos que sacaches ti ou procuradas na internet.
4) Se o fas a ordenador débelo entregar impreso. 5) O texto debe ter unha estrutura. Pode ser por días, por saídas ou calquera outra distribución que consideres. Lembra que cada un dos días
ou das saídas debe configurar un parágrafo independente.
6) Coida a presentación e a ortografía. Lembra escribir tendo un diccionario diante.
7) O traballo pode ser individual ou en grupo.
Os titores de 6º.
O LUNS 23: REUNIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO DO IES AGRA DE RAÍCES COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º PARA INFORMAR SOBRE A INCORPORACIÓN AO INSTITUTO.
Hora: 17,15 da tarde. Local: Aula de Música do noso Centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario