28 de abr. de 2016

Nenos que son unha xoia


Nenos que son unha xoia 
Dous alumnos do colexio ceense Eugenio López, 
finalistas do concurso do Colexio de Xoiaría de Galicia 
Mateo Paz Bergondo e Pedro Sánchez Vilar, de catro anos, alumnos do colexio Eugenio López de Cee e que aparecen na imaxe co seu profesor Julio Piñeiro, quedaron finalistas do concurso Deseña unha xoia para túa nai, que organiza o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. O premio para os gañadores, entre os colexios de toda a comunidade participantes, é que os xoieiros convertan en realidade ese deseño debuxado polos pequenos para as súas nais.
Nenos que son unha xoia   La Voz de Galicia, 28 de abril

1 comentario: