Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
8 de dec. de 2014
REMUÍÑO EXPRESS! NOVEMBRO 6B
Os nen@s de 6ºB foron os encargados de levar a cabo a nova publicación do remuíño e aqui está o resultado, espero que sexa do voso agrado!
5 de dec. de 2014
Campo a través en Cee
Nos seguintes enlaces atoparedes información sobre a proba de campo a través celebrada na nosa vila.
27 de nov. de 2014
O gato con botas
Noticias:
Angel Canosa (4º B)
O mércores, 19 de novembro de 2014, os nenos e nenas de 4º fomos ao Teatro Colón a ver: "O gato con botas", que estivo moi ben.
Despois visitamos Afundación (Caixa Galicia) onde vimos a exposición de Isaac Díaz Pardo. E logo nun taller fixemos máscaras, colgantes, etc. con arxila.
Angel Canosa (4º B)
21 de nov. de 2014
8 de nov. de 2014
5 de nov. de 2014
Remuíño Express! outubro 2014, 5 AAAAA!!!!!
O Equipo de Dinamización da Língua Galega, ten o placer de presentar a primeira edición da revista Remuíño Express!. Un proxecto que ten como propósito, inspirar ós nosos alumn@s de 5º e 6º curso, darlles o gran labor de transmitirnos a súas inquedanzas e o gran traballo de informarnos sobre as novas do lugar, traballando así dunha maneira lúdica, a súa competencia escrita, ademais de competencias como aprender a aprender, tratamento da información ou neste caso a competencia dixital.
Este mes os encargados da actividade foron os alumnos de Don Xosé Cañizo de 5ºA, que fixeron un gran traballo na edición do exemplar. Desde o EDLG, queremos darlles o máis sincero agradecemento por esforzarse nesta tarefa, e acadar este estupendo resultado!.
2 de nov. de 2014
15 de out. de 2014
8 de out. de 2014
2 de out. de 2014
9 de set. de 2014
Roald Dahl.
Naceu en 1916, un 13 de setembro, nun pequeno lugar de Gales. Aos sete anos foi internado nun colexio inglés, onde sufriu o ríxido sistema educativo británico que reflexaría logo en algúns dos seus libros. Tomou parte na Segunda Guerra Mundial, fíxose piloto de aviación na Royal Air Force e foi derribado en combate, polo que tivo que pasar seis meses hospitalizado. Despois foi destinado a Londres, e en Washington empezou a escribir as súas aventuras de guerra. Escribiu guións para películas (James Bond); concibiu personaxes famosos como os Gremlins, e algunhas das súas obras foron levadas ao cine.
29 de xuño de 2014
28 de xuño de 2014
27 de xuño de 2014
Revista Remuiño 2013 2014
Un ano máis presentamos a nosa revista Remuiño 2013-2014! Botádelle unha ollada! Merece a pena! Arte, entrevistas, investigacións, natureza... podedes atopar un amplo abano de temas sensacionais!
Conto viaxeiro "Flores Máxicas"
Un ano mais temos con nos o Conto Viaxeiro. Este ano Flores Máxicas encheu o noso cole de imaxinación e maxia. Disfrutade del!!
26 de xuño de 2014
Noraboa!
Os centros educativos da zona premian a excelencia.
O instituto Agra de Raíces entregou onte galardóns aos estudantes cos mellores expedientes de cada nivel.
Onte recibiron 240 euros para material educativo Iria Trillo Charlín, Irene González Costa, Martín Alvarellos Canosa, Jesús Díaz González, e Ainhoa Conde Castro. Cada un deles obtivo as mellores cualificacións dos seus respectivos niveis, desde o curso inicial da ESO ata primeiro de bacharelato.
lavozdegalicia.es/
lavozdegalicia.es/
20 de xuño de 2014
Vacacións merecidas. Cuarto A.
4 de xuño de 2014
Gratuidade solidaria: curso 2014/15
Aberto o prazo para presentar a as solicitudes de axuda para a adquisición de libros de texto en
educación primaria. As solicitudes poderanse presentar en horario de secretaría ou dirección ata o
2 de xullo do 2014 ( máis información no blogue de secretaría)
27 de maio de 2014
26 de maio de 2014
Excursión a Madrid
O pasado mes de maio partiamos rumbo a Madrid coa a fin de sumar unha experiencia máis no noso paso polo colexio, e sin dúbida un recordo inesquecible... Vivimos múltiples experiencias, tivemos a oportunidade de ver museos, palacios, catedrais... e incluso o musical "O REY LEÓN", pero sobre todo, compartimos unha semana cos nosos compañeiros, unha semana de convivencias, aventura e sobre todo complicidade cos compañeiros cos que compartimos algo máis que un curso escolar, unha parte importante da nosa vida, o noso paso por primaria.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)