26/01/2012 La Voz de Galicia |
26/01/2012 Diario de Bergantiños |
LA VOZ DE GALICIA: " Os problemas de Diogo Farinhoto, un neno portugués que necesitaba diñeiro para unha custosa operación -naceu sen unha man e precisa unha prótese-, non pasaron desapercibidos en Cee. Unha empresa brindouse a ofrecerlle o diñeiro da intervención, pedindo a cambio que lle enviasen tapas de botellas para reciclar. As tapas empezaron a chover sobre Portugal procedentes de todos os recunchos de Galicia e agora chegaranlle tamén de Cee. Os nenos do colexio Eugenio López demostraron durante os últimos tres meses unha infinita solidariedade e dedicáronse a conciencia a recoller canta tapa tiñan ao alcance da man. Mañá partirá unha furgoneta cara á Coruña cunha vintena de grandes sacos cheos de tapóns cos que axudar a Diogo. A iniciativa partiu da ANPA do centro, que preside José Manuel Branco Novo e cuxa secretaria é Montse Canosa Vigo. Suxeriron á dirección do colexio ceense que eles poderían colaborar, e a máquina púxose en marcha. Conta José Manuel Branco que a resposta foi impresionante e que os pequenos de Cee envorcáronse coa iniciativa, recollendo tapas en casa pero tamén alá onde as atopaban. Unha axuda para Diogo e un exemplo de solidariedade entre nenos, a mellor das solidariedades.
Ampa Uxío (Publicado La Voz de Galicia, 24/01/2012)
Ningún comentario:
Publicar un comentario