Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
30 de mar. de 2017
22 de mar. de 2017
Oceanógrafos por un día
La Voz de Galicia.es/noticia/cee/
Este venres deu comezo a votación popular do concurso "La mar de ciencia"
Tres nenas de 1º C son FINALISTAS cuns preciosos relatos que podedes LER e VOTAR na páxina web do concurso.
EL PEZ NAPOLEÓN ( Marta Otero Fernández). VOTA
TRIKY Y LA CONTAMINACIÓN ( Daniela Martínez Castreje). VOTA
LA DELFINA DELFI ( Daniela López Ovies). VOTA
.
No seu blogue tamén podedes ler os relatos finalitas e axudarlles a conseguir converterse en "Oceanógrafos por un día".
.
17 de mar. de 2017
APÚNTATE!!!


Referente educativo na diversidade
Valoración da ANPA
O alumnado
Juan Creus
Inauguracion
ANPAS e CFR
/O Centro de Formación e Recursos (CEFORE) e a Federación de ANPAS Provincial-Costa da Morte a que prepara as II Xornadas de Atención á Diversidade.
![]() |
| Que pasa na costa |
As xornadas desenvolveranse os 24, 25 e 26 de marzo na Casa da Cultura de Cee e necesitan inscrición.
APÚNTATE no IES AGRA DE RAÍCES http://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/
Programa
VENRES 24 DE MARZO- 17:45 a 18:00 Recollida de documentación e sinaturas.
- 18:00 a 18:20 Apertura. Representantes de: CFR, ANPAS, concello, centros de ensino.
- 18:20: Conferencia inaugural “Territorio e arquitectura vs repetición e diferenza”. Por Juan Creus
- 19:00 a 19:10 Pausa
- 19:10 a 21:00 “Estratexias para unha escola inclusiva.” Por Lidia Ma Gómez Boga. Mestra de Pedagoxía Terapéutica do CEIP Galán de Oseiro- Arteixo
- 09:45 a 10:00 Recollida de sinaturas
- 10:00 a 10:40 “Boas prácticas”: Por Manuel Maseda Deán, director do IES Maximino Romero de Lema, de Baio
- 10:50 a 11:30 “Iutubers”. Por Rubén Neira Caridad profesor do CEIP “ Eugenio López” de Cee
- 11:40 a 12:20 “De ti a ti” Por Virginia Rodríguez Ålvarez e María Luz de la Iglesia García, profesoras do IES Fin do Camiño, Fisterra
- 12:20 a 12:40 Descanso café
- 12:40 a 13:40 ” Cats (musical)”Por Patricia Urrutia Rodríguez, mestra de lingua inglesa e José Manuel Ponte Somoza, mestre de música en CPI A Picota, Mazaricos.
- 14:00 a 16:30 Pausa para xantar
- 16:45 a 18:45 “Cooperar para Aprender/ Aprender a Cooperar”: Por Carmen Vaz Dapía, asesora CFR de Vigo.
- 18:45 a 19:00 Descanso para café
- 19:00 a 21:00 “A xestión das emocións. A Educación Emocional”. Por María del Carmen Loureiro licenciada en Psicoloxía
- 21:00 “Concerto”: Dude (Carballo)
- 11:00 a 13:00 visita á Fundación Fernando Blanco: O Colexio-Instituto da Fundación e a Escola de Nenas desenvolveron unha singular experiencia pedagóxica, equiparable ós máis avanzados institutos do seu tempo. O seu programa combinaba unha educación humanista e cientifíca co ensino de materias prácticas necesarias para o desenvolvemento económico da comarca. Guía: Darío Areas Domínguez
Máis información
- Inscrición para profesorado: na páxina web da Consellería (proximamente. Na pestaña de inscricións, buscar actividades en prazo. Certificación de 12 horas de formación.
- Inscrición para nais, pais e outros colectivos: a partir do martes 21 de febreiro), na páxina web do IES Agra de Raíces.
- Servizo de ludoteca: solicitalo a través da Web do IES Agra de Raíces.
7 de mar. de 2017
Dona Inés Castro Pose
Dona Inés Castro Pose foi maestra no noso Colexio. Xubilouse no ano 2007.
Sempre estará na nosa memoria e no noso corazón.
5 de mar. de 2017
Podes inscribirte xa
consulta o: PROGRAMA
XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS XORNADAS "VIVIMOS NA DIVERSIDADE"
COMO INSCRIBIRSE NAIS, PAIS E OUTROS COLECTIVOS INTERESADOS?
Na páxina web do IES Agra de Raíces:http://www.edu.xunta.gal/ centros/iesagraraices/...
XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS XORNADAS "VIVIMOS NA DIVERSIDADE"
COMO INSCRIBIRSE NAIS, PAIS E OUTROS COLECTIVOS INTERESADOS?
Na páxina web do IES Agra de Raíces:http://www.edu.xunta.gal/
Na páxina web do IES Agra de Raíces:http://www.edu.xunta.gal/ centros/iesagraraices/
Pinchando no cartaz das xornadas accédese ao formulario que hai que cubrir.
COMO INSCRIBIRSE O PROFESORADO?
Na páxina web da Consellería. Con só acceder a
COMO INSCRIBIRSE O PROFESORADO?
Na páxina web da Consellería. Con só acceder a
https://www.edu.xunta.es/ fprofe/
O profesorado pode anotarse tecleando o título ou poñendo o código no campo referencia.
Data límite 15 - 03 - 2017. Certificación de 12 horas de formación.
O profesorado pode anotarse tecleando o título ou poñendo o código no campo referencia.
Data límite 15 - 03 - 2017. Certificación de 12 horas de formación.
Referencia: C1602022
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 24/03/2017 - 26/03/2017
Data límite de inscrición: 15/03/2017
Lugar: Cee Prazas: 50
HAI SERVIZO DE LUDOTECA para nenas e nenos ata 10 anos ( GRATUÍTO)
Para solicitar este servizo, hai que facelo a través da páxina Web do IES Agra de Raíces, cubrindo o
mesmo formulario que as familias (http://www.edu.xunta.gal/ centros/iesagraraices/)
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 24/03/2017 - 26/03/2017
Data límite de inscrición: 15/03/2017
Lugar: Cee Prazas: 50
HAI SERVIZO DE LUDOTECA para nenas e nenos ata 10 anos ( GRATUÍTO)
Para solicitar este servizo, hai que facelo a través da páxina Web do IES Agra de Raíces, cubrindo o
mesmo formulario que as familias (http://www.edu.xunta.gal/
25 de feb. de 2017
13 de feb. de 2017
10 de feb. de 2017
1 de feb. de 2017
Reserva, admisión e matrícula
RESERVA,
ADMISIÓN E MATRÍCULA
CALENDARIO
CURSO 2017-2018
Orde
do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión
do alumnado (DOG nº 53, de 15 de marzo de 2013)
Para o vindeiro curso
escolar 2017-2018, os prazos previstos nesta
orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do
alumnado, son os seguintes:
1.- Publicación de postos
vacantes escolares: martes, 28 de febreiro.
2.- Presentación da
solicitude de admisión (anexo II): do mércores, 1
de marzo ata o luns, 20 de marzo.
3.- Presentación da
documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate
do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4.- Publicación das
listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: martes, 25 de abril.
5.-
Publicación
das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: luns, 15 de maio.
6.- Formalización da
matrícula en Educación Infantil e Primaria: do martes, 20 de xuño ata o venres, 30 de xuño.
28 de xan. de 2017
Intercomarcal de campo a través
Onte
celebrouse en Outes, no parque Horta do Muíño, a proba correspondente á
fase intercomarcal de campo a través, coa participación de 25 alumnos
do colexio entre os que participan co cole e coa agrupación Olimpia.
A
xornada estivo marcada pola persistente chuvia, que se ben non foi mui
intensa, non parou en ningún momento da competición. Isto supuxo unha
verdadeira dificultade para os atletas, porque o chan estaba
completamente encharcado ó comezar e a medida que iban transcurrindo as
carreiras, todo quedou completamente embarrado e os esvaróns e caídas
sucedéronse. Foi o único negativo, porque de estar bo día o lugar era
moi adecuado para practicar este deporte.
Comezaron
competindo as nenas de categoría alevín feminino que percorreron 500 m.
de distancia, onde corría Eire, de Olimpia, quedando clasificada xunto
coas súas compañeiras no 2º posto por equipos.
A
continuación foi o turno dos nenos da mesma categoría co mesmo
percorrido, un equipo formado por Aimar, Álex, Mateo, Xabier e Yzan.
Unha mala saída onde quedaron un pouco rezagados impediulles acadar
mellores posicións porque nunha distancia tan curta (500 m.) e sen
apenas recorrido recto resulta complicado escalar posicións. Ainda asi
fixérono moi ben.
Na
proba alevín feminino participaron Carla, co cole; e Antía, Aroa,
Candela, Noa e Sonia, con Olimpia e percorreron unha distancia de 600
m.Todas fixeron moi boa carreira e neste caso as nenas de Olimpia
quedaron clasificadas no 1º posto por equipos.
Despois
foi o turno dos nenos alevíns e o equipo estaba formado por Antón,
David, Iván Blanco, Iván Villar, Mauro e Xián. O percorrido foi de 800
m. e as condicións do terreo continuaban empeorando. Neste caso tamén o
fixeron moi ben, quedando nos primeiros postos, e Iván Blanco, como 8º
clasificado individual participará na proba provincial.
As
últimas participantes do colexio foron as nenas do equipo infantil
feminino formado por Nerea, Noa e Pamela, que percorreron tamén 800 m.
As tres quedaron ben clasificadas, arredor do posto 20.
Nesta
fase o nivel increméntase moito con respecto á fase comarcal, e aínda
asi todos e todas as participantes o fixeron moi ben e puideron medir o
seu nivel contra nenos doutros colexios e de clubes de atletismo. Polo
tanto noraboa a todos e a todas.
No
referente á nosa vila, había moitos participantes: de Olimpia, do
colexio Manuela Rial e do noso colexio. E das tres entidades houbo algún
clasificado, e de feito o clube Olimpia foi o que sobresaiu entre a
totalidade de entidades participantes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










