Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
27 de xuño de 2019
23 de xuño de 2019
CURSO 2019-2020
COMEZO DO CURSO 2019-2020
MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO DO 2019 co horario de 9:30 a 14:30 h.fin-curso-convivencia-escolares-eugenio-lopez
22 de xuño de 2019
Laura Suárez
Laura Suárez, presentou na librería Ler o seu libro LOS CUENTOS DE LA NIEBLA.
Laura foi alumna do noso colexio. Noraboa Laura¡¡¡
20 de xuño de 2019
16 de xuño de 2019
11 de xuño de 2019
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O martes, 18 de xuño de 2019 vaise celebrar a xornada de portas abertas. A xornada será desde as 11 h. ata as 12 h. Esta xornada está dirixida ao alumnado novo de Educación Infantil para que coñezan o colexio e estean cos nenos e nenas de Educación Infantil.
10 de xuño de 2019
Baúl Xogos Tradicionais
Boas!
Recibimos por parte da Secretaría Xeral para o Deporte un baúl moi especial, un baúl cheo de recordos da infancia dos nosos pais e avós, un baúl que nos leva á lembranza dos xogos tradicionais da nosa cultura.
O xogo é un elemento propio de todas as culturas, un transmisor de tradicións que os nosos nenos e nenas deben coñecer para o conservación do noso patrimonio cultural e artístico.
Dende a área de Ed. Física traballamos nas últimas semanas os xogos tradicionais galegos. Botamos un ollo ao pasado e xogamos a xogos como os péons, as canicas, as chapas, a comba, o aro ou os diferentes tipos de chave.
Traballamos de modo cooperativo facendo agrupacións con nenos/as de diferentes cursos, unha maneira diferente de facer Ed. Física que agardamos que lle gustara aos rapaces.
Deixámosvos unhas fotiños desta actividade!

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2019-2020
O documento de formalización de matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria pódese cubrir e imprimir accedendo a esta ligazón: solicitude de matrícula.
Lembramos que a matrícula para o novo alumnado terá lugar desde o luns, 10 de xuño ata o venres 28 de xuño de 2019 na Secretaría do Centro.
Lembramos que a matrícula para o novo alumnado terá lugar desde o luns, 10 de xuño ata o venres 28 de xuño de 2019 na Secretaría do Centro.
7 de xuño de 2019
6 de xuño de 2019
ALERTA LARANXA PARA O XOVES, 6 DE XUÑO DE 2019
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, xoves día 06.06.2019 ás 12.00 horas e prolongarase ata as 20:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña, e da totalidade da provincia de Pontevedra.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)