11 de mar. de 2019

¡AVISO IMPORTANTE!

AVISO IMPORTANTE!!!!

Cancélanse as actividades extraescolares de hoxe, día 11 de marzo de 2019, do CEIP Plurilingüe Eugenio López que teñen lugar no pavillón xa que hoxe se están a realizar as tarefas de limpeza tralo festival de comparsas que tivo lugar o sábado 9 de marzo de 2019.
Sentimos moito as molestias ocasionadas pero é totalmente alleo á Anpa Uxio Cee

7 de mar. de 2019

Actividade na Biblioteca

VISITA DO ESCRITOR   IAGO LÓPEZ
* Revisade os horarios 
Día: O Luns 11 de marzo
Lugar: Na Biblioteca
Horario: De 10:30 a 11:00 para Educación Infantil (3 anos e 4 anos A)
              De 11:00 a 11:30 para Educación Infantil (5 anos e 4 anos B)
              De 11:30 a 12:00 para 1º e 2º curso

  E máis adiante, o 10 de abril, teremos a visita de Ánxela Loureiro , co libro "Ota quere voar" para 3º curso e "Choiva de ras" para 4º curso.
                         

6 de mar. de 2019

28 de feb. de 2019

VACACIÓNS DE CARNAVAIS

Lembramos que o luns 4, o martes, 5 e o mércores 6 de marzo de 2019 non hai ningunha actividade lectiva por mor das vacacións de carnavais.

28 de febreiro:
SORTEO DAS CESTAS DE ANTROIDO (6º curso):
Números gañadores: 0732 --- 1617 ---1825.

26 de feb. de 2019

Visita de Iago López

VISITA DO ESCRITOR   IAGO LÓPEZ

Día: O Luns 11 de marzo
Lugar: Na Biblioteca
Horario:  De 11:00 a 11:30 para Educación Infantil (3 anos e 4 anos A)
              De 11:30 a 12:00 para Educación Infantil (5 anos e 4 anos B)
              De 12:30 a 13:30 para 1º e 2º curso

     



  E máis adiante, o 10 de abril, teremos a visita de Ánxela Loureiro , co libro "Ota quere voar" para 3º curso e "Choiva de ras" para 4º curso.
                         



25 de feb. de 2019

Coplas para o entroido

O tema escollido este curso para o Entroido foi " A Historia". 
Xa temos preparadas as coplas, coa música de "O galo canta, a galiña chora".

  Podes velas neste enlace>   Coplas para o Entroido 

20 de feb. de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes, 26 de febreiro de 2019 vaise celebrar a xornada de portas abertas. A xornada será desde as 17 h. ata as 18 h.
        Premer nesta ligazónCartel de admisión curso 2019-2020

15 de feb. de 2019

CURSO 2019-2020 RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN

Reserva de praza:

Do 1 ao 15 de febreiro de 2019: solicitude de reserva de praza por parte das familias dos centros adscritos.
28 de febreiro de 2019: publicación adxudicación definitiva.

Admisión:

Do 1 ao 20 de marzo de 2019: solicitude de admisión por parte das familias.
23 de marzo de 2019: data límite de rexistro das solicitudes por parte dos Centros.
25 de abril de 2019: publicación provisional da lista de admitidos e non admitidos.
15 de maio de 2019: publicación definitiva da lista de admitidos e non admitidos.