26 de maio de 2014

Letras galegas

Aínda arrecende a letras por Cee. I é que o pasado venres 23 de maio, o CEIP Eugenio López de Cee, artellaba as últimas citas relacionadas co programa das Letras galegas. Os máis pequenos disfrutaron toda a tarde en compañia de varios contacontos.
Pola súa parte, os máis maiores tiveron unhas charlas moi interesantes coa presenza da escritora e antiga mestra do colexio Concha Blanco. Ao final do dia fixose entrega dun ramo de flores por parte da ANPA. Estos actos foron promovidos pola ANPA Uxio coa colaboracion do profesorado do colexio.



10 de mar. de 2014

Secretaría

Prazo de matrícula para o curso 2014-15
Prazo de admision de novo alumnado: dende o 1 ata o 20 de marzo do 2014
Presentacion do modelo de solicitude (Anexo II) 
Pode descargarse a solicitude e consultar información no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/web/node/11834

 As listas provisionais  publicaranse antes do 25 de abril. Abrirase un prazo de 5 dias de reclamación
As listas definitivas  publicaranse antes do 15 de maio.

A matrícula para o alumnado admitido terá lugar no mes de xuño: 
do 20 ao 30 de xuño.

26 de feb. de 2014

Murais da Paz. Vilarmide e Cee




No colexio de Vilarmide fixeron este gran mural con motivo do día da Paz.

En Cee, fixemos este outro mural.

18 de feb. de 2014

Provincial de campo a través

Na sección "faí deporte" do blogue xa están dispoñibles as clasificacións da fase provincial de campo a través celebrada en Santiago de Compostela. Accede ó enlace en Fai deporte