Lembramos que o luns, 30 de abril é un día non lectivo, polo tanto, non hai ningunha actividade escolar nin extraescolar.
Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
23 de abr. de 2018
22 de abr. de 2018
Letras galegas 2018
O Seminario de Galán xa ten a disposición dos centros escolares actividades para infantil e primaria sobre María Victoria Moreno para as Letras Galegas 2018.
Hai actividades interactivas, actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía en PDF, fotos, biografías en lingua de signos, A ligazón é a seguinte:
20 de abr. de 2018
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
Pode consultarse a listaxe provisional de novo alumnado admitido para o novo curso 2018-2019 no blogue de Secretaría
Premer nesta ligazón
Premer nesta ligazón
19 de abr. de 2018
Día del libro
ACTIVIDADE
PARA O DIA DO LIBRO : LUNS
23 DE ABRIL
Os encargados/as da biblioteca serán os que conducirán esta
actividade, que consistirá en ler contos, poesía, narración,
divulgación, etc a distintos cursos. día del libro
O horario é o seguinte:
De 9:30 a 10:00 : Educación Infantil
De 10:00 a 10:30: 1º primaria
De 10:30 a 11:00 : 2º primaria
De 11:00 a 11:30: 3º primaria
De 11:30 a 12:00 : 4º primaria
De 12:30 a 13:00: 5º primaria
De 13.00 a 13:40 : 6º primaria
17 de abr. de 2018
AS TORRES DO ALLO
As Torres do Allo poñen en marcha un programa específico para centros educativos.
16 de abr. de 2018
A maleta viaxeira
14 de abr. de 2018
Adianto Informativo.
O historiador VÍCTOR CASTIÑEIRA, impartiu unha charla en Cuarto.
No próximo TeleNoticiario 17, publicaremos unha entrevista con el.
12 de abr. de 2018
O CAMIÑO DOS FAROS
O camiño dos faros para Educación Infantil:
O camiño dos faros para Educación Primaria:
6 de abr. de 2018
Sorteo 6º curso
O sorteo dunha estancia nun SPA en Sanxenxo, para beneficio da viaxe de 6º curso,
dou como premiada a papeleta número 0380.
A afortunada posuidora é Dª María Ámparo Fuentes Ares.
Noraboa e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron.
dou como premiada a papeleta número 0380.
A afortunada posuidora é Dª María Ámparo Fuentes Ares.
Noraboa e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron.
5 de abr. de 2018
Programa Ada
O martes 10 de abril na aula de 4ºA terá lugar un taller de iniciación á tecnoloxía.
Pertence ao programa Ada, que promove a igualdade.
Plantéase a vida de Ada Byron como fío conductor das actividades.
Pertence ao programa Ada, que promove a igualdade.
Plantéase a vida de Ada Byron como fío conductor das actividades.
Sabes quen foi Ada Byron? > preme nesta ligazón
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)