29 de xuño de 2017

HISTORIAL ACADÉMICO E FONDO LIBROS


ALUMNADO DE 6º EP QUE VAI PARA 1º ESO

Os días 4, 5 e 6 de xullo os pais/nais e titores legais do alumnado que remate 6º EP poderá recoller o HISTORIAL ACADÉMICO na secretaría do centro. Horario: de 10:30 a 13 h.

FONDO LIBROS
-      Publicación da lista provisional:  luns, 10/07/2017, prazo de reclamación de 2 días
-      Publicación da lista definitiva:    luns, 17/07/2017
-      A entrega dos libros ao alumnado de 3º EP, 4º EP, 5º EP e 6º EP terá lugar  en setembro, ao comezo do novo curso .
- O alumnado dende 3º EP ata 6º EP terán que mercar os cadernos de inglés. O caderno de música únicamente mercarase en 5º EP. En 6º E. Primaria  non é necesario mercar o libro de música.
   
As axudas para a adquisición de libros de texto en 1º EP e 2º EP  : entregaranse os días    luns 10 e  martes 11  de xullo do 2017  en horario de 10:30 a 13:00 h.
    ____________________________________________________________
As axudas de 50 euros  para a compra de material escolar : entregaranse os días     luns 4 e  martes 5 de setembro do 2017  en horario de 10:30 a 13:00 h. 

22 de xuño de 2017

14 de xuño de 2017

Gracias !!!

Dende o equipo de Biblioteca queremos  agradecer aos axudantes de biblioteca de 5º e 6º curso  a sua dedicación e o seu traballo durante todo este curso.




10 de xuño de 2017

Para Marta e Ángel

Desde a ANPA Uxio, queremos transmitirlle todo o noso cariño,ánimo e apoio a Marta, e Ángel, nestes tan duros momentos. Moito, moito ánimo.
Anpa Uxío enlace a facebook


Todos os que formamos este gran colectivo do colexio, sentimos esta perda e estamos, de todo corazón, con Marta e co noso alumno Ángel.
UN ABRAZO.


2 de xuño de 2017

Sorteo feito en Quinto

Efectuado o sorteo do reloxio para a viaxe de Quinto curso,
resultou premiado o número 0486. (A gañadora xa foi notificada).

GRAN SORTEO o día 22 de xuño:
Dúas noites en LIRES. 
MOITAS GRAZAS a "CABAÑAS DE LIRES"