Desafío para cada alumno ou alumna de 6º A:
No pen tendes todas as imaxes da elaboración do mapa en relevo da zona de Carnota-Muros.
Quen é capaz de facer unha PRESENTACIÓN en Word ?
Podedes describir o proceso (xa o fixemos nun exame) e ilustralo coas imaxes.
Responde:
Alexia Mariño Beiro, fixo unha estupenda Presentación.
Tamén contestou:
Irene González Costa, tamén moi clariña.
Logo contestaron:
Mario e Xabier Insua Miñones.
Agora
Silvia Castro García, moi ben Silvia.
María Agulleiro Casais, fixo un moi boa presentación en Powepoint que razóns "técnicas" non podo subir tal cual.
MAPA MUROS-CARNOTA. 2011-2012
Pasos imprescindibles.
• Primeiro
o noso profesor decidiu qué mapa íamos facer e decidiu que iamos representar o
mapa en relevo de CARNOTA-MUROS, representámolo na escala de 1:25.000 é dicir
un cm no mapa equivale a 25.000 metros na realidade.
• MATERIAIS:
Corcho, cúter, cola blanca, rotuladores permanentes, barro, pinceis, tesoiras,
papel, papel de calcar e témpera de cores (vermello, azul, e verde,marrón)
1º PASO
• Primeiro
destacamos a curvas de nivel e a línea de costa ao mesmo tempo que rotulamos os
ríos e as estradas de diferentes cores para poder distinguilos.
2º PASO
• A
continuación, repasamos outra vez as curvas de nivel pero esta vez no papel de
calcar, xa rematada a primeira curva recortámola e pasámola ao corcho onde
rotulamos e marcamos o seu perfil.
• Repetimos este proceso con todas as curvas de
nivel, despois ordenamos da máis grande a máis pequeña.
3º PASO
Despois de ter as tapas de
corcho ben colocadas unhas enriba de outras pegámolas con cola blanca ca axuda
dunha brocha, así xa non se moverán e poderemos seguir coa «construcción» da
nosa obra de arte.
4º PASO
• Cando
a cola esté perfectamente seca temos que poñerlle o barro con moito coidado ata
que non quede nada por tapar ( nós prefirimos deixar una anaquiño do mapa sen
cubrir para así lembrar como o fomos facendo).
• Deseguido
cubriremos todo con cola para que así o mapa quede máis resistente para poder
pintalo.
• Unha
vez que esté todo seco xa podemos pintar o mapa;
• *
De verde o terreo.
·
De azul o mar.
6º PASO
• Xa
podemos identificar as carreteiras e os ríos, primeiro farémolo en lapis, logo
repasaremos as estradas de vermello e os ríos evidentemente en azul.
• Para
rematar, cando todo esté ben seco identificaremos os lugares e os ríos co seu
respectivo nome escrito nun papeliño.
XA ESTÁ TODO FEITO! ;-) MARIA AGULLEIRO CASAIS
MAPA
1.Materiais
necesarios: Un mapa da zoa que se quere traballar, rotuladores,tesoiras,cúter,corcho,
taboa, cola, barro e pintura.
2.Collemos o mapa e o ampliamos a gran escala. Despois
perfilamos os ríos, as curvas de nivel, as estradas e a liña de costa.
3.Perfilamos outra vez pero con papel cebola por riba
.Deseguido recortao e calcao no corcho, recortao e fas todas as curvas de nivel
acórdate numeralas pois se non non saberás cal vai primeiro.
4.Cando xa teñas as curvas de nivel feitas, montas e
pegas con cola. Pon pequenas cantidades
de cola pero que quede pegado.
5.Cando
teñas todo montado é pegado pon o barro e moldeao con coidado
Para que o
barro no rompa ponlle cola por riba. 6.Pinta de
verde as montañas e de azul o mar.
7.Axudándote
do mapa pinta as carreteiras e os ríos e identifica os lugares.
Quedará
así:
Por: SILVIA CASTRO GARCÍA.
O mapa
Elementos necesarios: cola, un pincel, unha brocha,
barro, tesoiras, cúter,
rotuladores, corcho, pintura e un tableiro. Para empezar, deberás saber a escala coa que
vas a traballar e zoa onde vas traballar. Logo,
marca-las curvas de nivel de amarelo, as estradas de roxo e os ríos de azul.
1.No tableiro, marcar a liña de costa. Deseguido, terás que marcar todas as curvas de nivel no corcho
de 7cm. O mapa que fixo a clase de sexto A non tiña corcho de 7cm e en cada curva de
nivel facía dúas
capas de corcho en cada curva de 2cm e 5cm. Cando acabes de marcar unha curva
de nivel no corcho, recorta a curva ,e agora só tes que pega-la no tableiro (Cada curva ocupa 50m na realidade). Despois, encima
de cada curva de nivel ponlle unha capa de
cola e pega a seguinte curva.
Traballo feito por: MARIO INSUA MIÑONES,
.Xabier Insua Miñones: MATERIAL PRECISO para facer un mapa:
- Unhas tesoiras. –Rotuladores. -Cortiza/corcho
de sete milímetros. -Papel de calcar.
-Cola branca. -Barro ou arxila.
-Unha brocha . -Pintura vermella ,verde e azul
Pasos a
seguir:
1.No mapa elixir a escala coa que queiras traballar .
2.Rotular as curvas de nivel con un rotulador.
3.Calcalas no papel de calcar.
4.Recortar o papel de calcar.
5.Debuxar o contorno do papel recortado no corcho.
(Seguir repetindo este proceso
ata rematar as curvas de nivel.)
O rematar, adherímoslles unha capa de cola e
deixámolos secar durante dúas horas.
O secar tódalas capas de corcho.
Modelámolo con barro.
-Finalmente
pintámolo, pintamos os ríos e escribimos os nomes dos lugares con cor
vermello
COMO RESULTADO
OBTEMOS UN MAPA EN RELEVO.
Ben, que ben agora
xa sabedes facer un mapa en relevo.
FIN
XABIER INSUA MIÑONES
Mapa en relevo. O
mapa de 6ºA, por: Alexia Mariño Beiro.
• Materiais: Cuter
e tesoiras, Cola, Corcho, Rotuladores, Barro, Papel cebola, Táboa.
• Así se fixo:
• Primeiro elixe a zona ónde queres
traballar.
• Tamén tes que elixir a escala ca que vas a
traballar,por exemplo: escala 1:25000 que nos di que 25000 cm na realidade
equivalen a 1cm no noso mapa.
• 1º
PASO
• Agora tes que rotular as carreteiras (de
roxo),os ríos (de azul)e as curvas de nivel de cor amarela.Non te olvides da
liña de costa.
• Quedarache algo parecido a seguinte imaxe.
2º PASO
Agora calca as curvas de nivel en
papel cebola, cando remates recortao.
Deseguido pon o papel enriba do corcho e cálcao.Cando xa estea calcado
recorta o corcho.
Fai este proceso con todas as curvas de nivel,recorda que tes que
identificalas.
3º
PASO
• Como
xa tes todas as curvas de nivel identificadas, so tes que montalas e pegalas
con cola.
• CONSELLO:
Se queres aforrar en cola debuxa o contorno do corcho seguinte enriba do
anterior.
4º PASO
Unha vez que montes as pezas ponlle o barro, pero faino nunha zona pequena
e procura facelo o mellor que poidas,pois este paso é moi importante.
5º PASO
Para que o barro non estale, ponlle cola a todo o mapa.Así o mapa estará máis
forte e resistente.
Mira o resultado na seguinte imaxe:
6º PASO
• Agora xa podes pintalo.
• Pinta de verde as montañas e chairas do
noso mapa.
• E de azul, pinta o mar.
• Quedarache algo así (aínda que na imaxe
falte o mar):
7º
PASO
• Agora identifica e rotula as carreteiras e os ríos.
• Primeiro
faino co lápis e despois rotulao.
• Non
te olvides da liña de costa.
• 8º PASO
• Unha
vez rematado de de facer as carreteiras e os ríos, só temos que escribir os
nomes dos lugares e o dos mares e ríos.
• ASÍ
É COMO QUEDA.
|
Alexia Mariño Beiro (en Segovia) |
*****************************
O MAPA EN RELEVO DE CARNOTA E MUROS. O TRABALLO DA CLASE DE 6-A
por IRENE GONZÁLEZ COSTA.
Este
curso 2011-2012 os alumnos e alumnas da case de 6-A estamos a facer un mapa en
relevo de Carnota e Muros.Para elo quedamos nalgúns recreos e utilizamos clases
non obrigatorias.A continuación explicareivos os pasos que seguimos para
facelo.
MATERIAL PRECISO:
- Unhas
tesoiras. -Rotuladores
-Cortiza/corcho
de sete milímetros
-Papel
de calcar. -Cola branca
-Barro
ou arxila. -Unha brocha . -Pintura vermella ,verde,azul e marrón.
Pasos a seguir:
-Agrandar
o mapa do lugar que queres representar.
-Rotular
as curvas de nivel cun rotulador.
-Pasalas
ao papel de calcar.
-Recortar
o papel de calcar.
-Debuxar
o contorno do papel recortado.
} -Seguir repetindo este proceso ata rematar as
curvas de nivel.
-Acabado
este proceso dámoslle unha pincelada con cola branca para pegar ben a
cortiza/corcho.
-Deixámolo
secar aproximadamente dúas horas e moldeámolo con barro.
-Finalmente pintámolo e escribimos os nomes dos lugares
COMO RESULTADO OBTEMOS UN MAPA EN
RELEVO.
Bueno, agora xa sabedes como facemos aquí os mapas en relevo. Probade a facer un.
FIN
ESPERO
QUE VOS GUSTARA O MEU TRABALLO E QUE PRESTÁRADES ATENCIÓN.
IRENE
GONZÁLEZ COSTA.