1º día, luns 2 maio: Imos a Madrid
Faremos unha parada no camiño para comer de picnic.
Aloxámonos nos bungalows arcoiris.
2º día, martes 3 de maio: Día dos museos
Visitamos o museo de Ciencias Naturais
e o museo do Prado. Paseamos por Madrid.
Pola mañá: visita guiada “Mediterráneo, natureza e civilización” no Museo Nacional de Ciencias Naturais. Comemos nun restaurante no centro de Madrid.
Pola tarde: visita ó Museo do Prado. Mais tarde pasearemos pola Praza Maior, Porta do Sol , Praza de España,etc.
3º día, mércores 4 maio: Visitamos Toledo e o Palacio Real de Aranjuez
Pola mañá: visitamos a cidade de Toledo . Visita guiada ás portas de entrada á cidade e murais. Tamén veremos a praza de Zocodover, a Catedral, Sinagoga, Casa museo do Grego, etc.
Pola tarde: visita ó Palacio Real de Aranjuez
4º día, xoves 5 maio: Zoo e Parque de Atraccións
Hoxe toca divertirse!
Iremos ó zoo e tamén ó parque de atraccións.
Pola mañá visitamos os xardíns do Palacio Real “La Granja” de San Ildefonso, preto de Segovia.
Visitamos Segovia.
E despois autobús e...volvemos a casa!