28 de feb. de 2013

Cancha Junior

No programa Cancha Junior, do canal TVG2, emitido o pasado sábado, realizaron unha reportaxe sobre a proba de campo a través correspondente á fase provincial, celebrada en Acea da Ma, na que participaron tres alumnos do colexio: Carlos, Nicolás e Xan. No seguinte enlace podedes ver o vídeo íntegro do programa.

17 de feb. de 2013

El vendedor de humos

   
 Este video, conta as dificultades dun simpático vendedor ambulante por camelarse aos habitantes dun pobo adormecido. Unha historia sinxela e tenra que naceu da chuvia de ideas de 20 estudantes.

13 de feb. de 2013

Semana da Paz

Na semana da Paz os rapaces de todos os curso do noso centro fixemos una serie de lecturas seleccionadas polas compañeiras da biblioteca relacionadas ca solidaridade, a amistade, axuda, colaboración, ca superación do racismo e da discriminación entre os sexos.
Participaron dende os máis cativos que comezan a ler, ata os rapaces máis experimentados. Dende a nosa clase disfrutamos un motón con esta experiencia que agardamos ata o próximo ano que se volva a repetir.

 

10 de feb. de 2013

1 millón de tapóns para salvar a Lola

1 millón por dicir unha cifra. Fagan as súas contas, máis de 150 bolsas de 1 metro de diámetro cheas ata rebentar de tapóns de plástico, recollidas no Colexio Eugenio López para unha causa solidaria.
Xa realizaran esta actividade a través dun centro da Coruña, pero este ano, dende a ANPA Uxío decidiron facer esta colleita na casa. De contado, a sociedade ceense tomou o relevo da campaña: alumnos, pais, comercios, negocios de hostelería e ata os sanitarios do hospital fixérona propia. Durante os últimos meses estiveron recolectando cada tapón de plástico que pasaba polas súas mans para destinalos a unha boa causa.
Falamos de costear os tratamentos médicos de Lola, unha pequena coruñesa nada o 2 de decembro do 2008, que sofre unha grave enfermidade cerebral. Parte dos coidados que necesita para paliar as consecuencias da súa dolencia e minimizar o atraso psicomotor que sofre, non lles cobre a Seguridade Social, polo que a súa nai, Paula Faro, o resto da familia e un grupo cada vez máis numeroso de colaboradores están pelexando para conseguir o diñeiro necesario.
A este gran movemento solidario, que recolle as roscas de plástico para que unha empresa de reciclaxe llos pague á familia da pequena, sumáronse enseguida centenares de persoas en todo Cee, que desde que empezou a campaña ata onte cando trasladaron un furgón cheo de tapóns a unha parcela do polígono de Cambre, non pararon de colaborar.
Desde unha imprenta de Corcubion que fixo os carteis gratis ata unha mueblería de Cee que cedeu a súa camioneta de xeito totalmente desinteresada, foron ducias os establecementos e as persoas implicadas, entre eles moitos bares, comercios locais, os placeiros do mercado municipal e os traballadores do Virxe da Xunqueira.
Nestas fotos vemos por exemplo aos pequenos do Eugenio xunto cos avós de Lola, cargando os tapóns para levalos a reciclar. Os propios avós trouxeron mostra de en que se estaban convertindo esas inútiles roscas gracias á súa reutilización.
Ademais, aproveitando a viaxe ata A Coruña, os representantes do ANPA fixéronse cunhas caixas de cartón específicas para o reciclado de móbiles, que distribuirán próximamente.
Con estas iniciativas, separadamente de colaborar en causas altruístas que serven para axudar a familias no momento que máis o necesitan, os escolares, os seus pais e quen lles apoian logran evitar que se centenares de quilos de materiais reutilizables acaben no cubo do lixo.

8 de feb. de 2013