30 de xan. de 2013

Fase intercomarcal de campo a través

Neste enlace podedes acceder á sección "fai deporte", onde hai un artigo cos resultados da carreira de campo a través celebrada na Pobra do Caramiñal.

20 de xan. de 2013

" A teca dos libros" O blog da túa biblioteca





“ Hora de Ler “ é o lema do programa para o fomento da lectura, que a Consellería de Educación botara a andar a comezos de 2006. 
Pero é tamén o lema escollido por moitos centros de ensino de Galicia para referirse a ese tempo dedicado á lectura nas aulas, que se vai estendendo por centros de infantil, primaria… institutos, onde o profesorado pon a imaxinación a andar para tratar de facer visible a biblioteca no espazo educativo e poñer en valor o libro e a lectura entre os máis novos.