30 de maio de 2012

Víctor Duarte durante a entrevista
ENTREVISTA con
VÍCTOR MANUEL DUARTE EDREIRA

A clase de 6ºA entrevistou a Víctor Duarte, que foi alumno do noso colexio. El é o principal responsable da cociña e do Restaurante o Recreo da Costa da Morte. Estudou Hostelería na especialidade de Cociña en Santiago. Antes de estar no restaurante, que é un proxecto familiar, traballou en diversos establecementos como o Hotel Meliá, e o moi famoso restaurante o Celler de Can Roca(3 estrelas Michelín).
A entrevista tivo lugar na nosa aula. Fixémoslle moitas preguntas e respondeunas moi amablemente. Logo levounos ao seu restaurante. Ensinounos as distintas partes e finalmente dounos un chocolate quente e tiñamos para acompañalo deliciosos postres. Publicaremos a entrevista  no próximo número de O Remuiño.
PLAN DE ACOLLIDA. PASO de 6º PRIMARIA A SECUNDARIA.
DATAS E ACTIVIDADES:
-Reunión informativa para  pais e nais de 6º curso. Tratarán sobre a matrícula, materias, o recreo, o transporte, organización do centro, … Asistirán representantes do Instituto.
            Data: martes, 12 de xuño, na biblioteca do Ceip Eugenio López.
            Hora: 16:00. (pendente de confirmación)
-Visita ao IES do alumnado de 6º.  Data: xoves 14 de xuño.


28 de maio de 2012

Quinto de excursión



O venres 11 de maio, os nenos e nenas de quinto fixemos una excursión ao concello de Cabana de Bergantiños.
En primeiro lugar visitamos o Dolmen de Dombate. Un dolmen é un tipo de tumba donde se enterraba aosmortos.  A guía explicounos que non había un dolmen, senondous, o máis grande, que ten uns 6.000 anos, e outromáis pequeño e máisantigo e que o encontraron escavando. Díxonos que o montículo no que está é o túmulo, en forma de mamoa. O túmulo é donde se enterraban os mortos. Algo que a min me chamoumoito a atención foi que a guía dixo que a pedra de arriba pesa 7 toneladas, e iso é moito.

Ao sair do Castro de Borneiro leváronos ao Monte Branco.
Polo camino pasamos por diante da casa de Eduardo Pondal, que está en Ponteceso, e é o autor da letra do himno galego.
Ao chegar ao monte, tivemos que subir una forte pendente, pero correndo subíala moi axiña.
Desde o cumio do monte víase a desembocadura do río Anllóns na ría de Ponteceso. O guía explicounos cousas da ría e do marisco que collen nela. Tamén nos explicou que o Monte Branco chámase así porque se cubre coas areas das dunas que trae o vento e de lonxe vese branco. Antes de baixar, limos poesías de Eduardo Pondal, eulinunha, non me acordo do título, pero era moi bonita.
Ao final fixemos una carreira pola costa abaixo.






9 de maio de 2012

Solidariedade
 Os nenos e nenas do colexio Eugenio López de Cee subiron outra vez ao carro da solidariedade para axudar, esta vez, a unha nena coruñesa, Lola, de catro anos, que necesita un tratamento médico para o que os seus pais non dispoñen do diñeiro suficiente. Por iso recolleron 30 sacos cheos de tapóns de plástico, dez máis que hai uns meses, cando entregaron 21 sacos para axudar con eles ao neno portugués Diogo Farinhoto. Os tapóns van para unha fábrica de reciclaxe que a cambio deles entrega o diñeiro necesario. A actividade partiu da ANPA, que preside José Manuel Blanco Novo. Unha furgoneta levou onte as tapas dos envases con dirección ao colexio Sae Lence da Coruña ante a atenta mirada dos nenos e do director do centro, Manuel Canosa.(La Voz de Galicia, 8 de maio)

2 de maio de 2012

Yaiza Romero e Elisa del Pilar Pradales, premiadas
 Xa temos resultado do “Certame de Poesía sobre os Faros da Costa da Morte”, convocado polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM).

 Categoría infantil

Na 1ª categoría (nenos e nenas de ata 12 anos) presentáronse un total de 11 poemas. O xurado salientou a participación dos colexios públicos de Baio e de Cee nesta categoría, e decidiu por unanimidade outorgar os tres primeiros premios desta maneira:
  • 1º premio (vale por un importe de 75 euros) para NURIA VILARIÑO LEMA, do C.E.I.P. Labarta Pose de Baio, polo poema “Un rastro da túa luz”, presentado baixo o lema “Río Grande”.
  • 2º premio (vale por un importe de 50 euros) para ELISA DEL PILAR PRADALES MARTÍNEZ, do C.E.I.P. Eugenio López de Cee, polo poema “Costa da Morte”.
  • 3º premio (vale por un importe de 25 euros) para YAIZA ROMERO MARTÍN, do C.E.I.P. Eugenio López de Cee, polo poema “Baixo os faros”.  (Quepasanacosta.com)