30 de xan. de 2012

Día da Paz e Premios da Amizade

Sofía Rivas, Antía Mouro, Marta Lavandeira, Carmen Sánchez, Andrea Canosa, Carme Ayala. Gañadoras do concurso da Amizade. Noraboa!

24 de xan. de 2012

Tapóns para Diogo

26/01/2012 La Voz de Galicia
26/01/2012 Diario de Bergantiños

LA VOZ DE GALICIA: " Os problemas de Diogo Farinhoto, un neno portugués que necesitaba diñeiro para unha custosa operación -naceu sen unha man e precisa unha prótese-, non pasaron desapercibidos en Cee. Unha empresa brindouse a ofrecerlle o diñeiro da intervención, pedindo a cambio que lle enviasen tapas de botellas para reciclar. As tapas empezaron a chover sobre Portugal procedentes de todos os recunchos de Galicia e agora chegaranlle tamén de Cee. Os nenos do colexio Eugenio López demostraron durante os últimos tres meses unha infinita solidariedade e dedicáronse a conciencia a recoller canta tapa tiñan ao alcance da man. Mañá partirá unha furgoneta cara á Coruña cunha vintena de grandes sacos cheos de tapóns cos que axudar a Diogo. A iniciativa partiu da ANPA do centro, que preside José Manuel Branco Novo e cuxa secretaria é Montse Canosa Vigo. Suxeriron á dirección do colexio ceense que eles poderían colaborar, e a máquina púxose en marcha. Conta José Manuel Branco que a resposta foi impresionante e que os pequenos de Cee envorcáronse coa iniciativa, recollendo tapas en casa pero tamén alá onde as atopaban. Unha axuda para Diogo e un exemplo de solidariedade entre nenos, a mellor das solidariedades.
Ampa Uxío  (Publicado La Voz de Galicia, 24/01/2012)

14 de xan. de 2012

Once verbas obrigatorias.

BAFARADA PERIGOSA
Todo comezou un cálido día de verán. Uns nenos estaban a xogar na praia cando escoitaron un forte ruído, foron mirar que pasara e, todos nerviosos comezaron rillar as unllas.
De camiño encontraron uns díxitos raros e comezaron a investigar.
Laura, termou os díxitos cando Xoán encontrou unha folla de morango. Os rapaces foron buscar un refuxio e atoparon, enriba dunha árbore unha especie de casa con andeis, e contiguo, unha cama.
De súpeto, Xoán douse conta de que no seu peto había un teléfono e chamou a súa nai para decirlle que ían durmir fóra. E a súa nai antes de que Xoán poidera dicir nada díxolle que na casa tiña un agasallo.
Mentres Laura ollou ou mellor dito oliu un tremendo bafo.
Bueno, a historia continúa pero iso doutra vez.
                                                                    IRENE GONZÁLEZ COSTA

¡Unha Volta Moi ……..Rara!
Un rapaz de 11 anos, que provén de París, ven pasar as vacacións  de verán a casa da súa avoa .En Asturias, nun sitio moi lonxano donde as montañas altas e anchas o tapaban  solo sabían chegar ata alí as persoas máis listas. Os seus país volverían a súa cidade pois tiñan que volver ao traballo, o rapaz quedou alí.
Todos os días os  pasaba na casa, aburriase  tanto que un día por as 4 da tarde decidiu ir dar unha volta. Pero…non sería unha volta calquera, non sería unha normal, sería moi estraña. Pasou por varias casas: pintadas de distintos cores, con máis frecuencia entre gris e negro, como si estivesen de luito. Pero máis ao longo encontrou unha casa de cores moi vivo.
O neno decidui entrar, pero antes petou na porta pero alí non había ninguén, o rapaz empezou a matinar  que alí non había ninguén. Estaba a porta aberta e entrou, había un espello; contiguo un armario pequeño e por último un percheiro.
Había andeis por todos os sitios, pero o que lle estrañou  e que non había nada nos andeis, non se preguntaba porque, pero, seguiu andando. Había fotos, moitas fotos e todas con díxitos, era moi raro, preto del había un agasallo moi grande, acercouse, botaba unha bafarada espantosa con olor a queixo mesturado con atún. Botouse atrás, había unas escaleiras e subiunas, ali, no primeiro cuarto: estaba cheo de xoguetes de rapazas: Monecas,peluches…
Foi a seguinte habitación e tocou a porta. Era como de ferro, rabuñouna como un gato. Entrou e decote viu algo que lle resultou estraño, era como un boneco pintado con rotuladores de cor vermello é negro; a cara toda rota e o pelo con dúas trenzas como dous cornos. O rapaz que era moi medica pero tiña valor de subir a casa, empezou a correr, saiu da casa e foi correndo ata a casa da súa avoa. Ela díxolle:
-Onde estabas rapaz? tiñasme moi preocupada – dixo a a voa nerviosa.
-Tranquila avoa – dixo el con acento francés.
-Morango (Significado: retrasar) da túa hora.
O rapaz cando viu a súas unllas sorprendiuse pois as tiña rilladas de rabuñar a porta de ferro. O rapaz contoulle todo a súa avoa e ela díxolle que non fóra nunca máis e deulle unha cadea da sorte para que non lle pasase nunca nada.

                                          FIN
                                                                                              PAULA CANOSA SENRA

A TENDA

Hoxe é o primeiro día que durmo nesta casa.
Mudeime a esta rúa polo traballo dos meus pais.
cando ía cara a miña casa, ao rematar todas as tarefas de fora da casa, reparei nun edificio contiguo a miña vivenda ao virme unha bafarada
de doces olores.O meu apetito obrigoume a entrar.Cando estiven a piques de abrir a porta da tenda e ollei o panorama:
Dous homes,un atendendo na caixa e o segundo colocando unhas bolsiñas nos andeis da tenda, as bolsas parecían conter unhas flores de estraña
figura. O olor podiase ver no aire, un fío de cor salmón pálido danzando sobre as cabezas presumindo do doce e melodioso olor que podía transmitir.
Entrei, o primeiro que fixen foi resolver o primeiro que facía que a miña mente imaxinara o que contiñan as bolsiñas. Morangos, uns estraños morangos. O dependente pousábaos tan despacio e tranquilamente que non parecían unhas bolsiñas cuns morangos.
Cando me decidín a coller unhas das bolsiñas para ela máis de cerca, o home da caixa (a unha velocidade incríble) púxose tan preto de min que pareca que podía sentir a súa respiración e os seus latexos. Xireime para velo pero cometín un grave erro porque o seu rostro era moito máis apagado que anteriormente. Ameazoume dicíndome:
-Apousa eso con delicadeza polo teu ben-
Despois dun momento de miradas baixen a cabeza para mirar o reloxo, dei un respingo ao ver a alarmante hora que era.
Sabía que meus pais ían volverse tolos por volver a esa hora dunha rúa descoñecida.
Ao día seguinte pasei pola tenda e asusteime ao ver que era todo diferente: na caixa unha muller coa roupa rillada, e nos andeis unhas unllas artificiais. En todas as portas había uns díxitos .
A muller da caixa sacou un agasallo do peto e entregoullo a unha muller que acaba de saír dunha das portas. Pero esa é outra historia.
                                                           ANTÍA CANOSA TOBA



Mapas interactivos

Aprende xogando cos mapas