25 de nov. de 2012

 O Apalpador, a figura tradicional do Nadal nalgunhas zonas de montaña do país, segue a conquistar novos espazos sociais, neste caso no comercio. Rumboia Xoguetes lanza agora bonecos que reproducen a figura desta personaxe.
O Apalpador -tamén coñecido co nome de Pandigueiro na comarca de Trives- é a figura mítica galega dun bo pastor carboeiro nado no Courel, explica Rumboia. Segundo a tradición, durante todo o ano fabrica carbón e xoguetes coa madeira das árbores das altas montañas e bosques nos que mora.

A noite do 24 ou do 31 de decembro, baixa ós pobos a visitar aos nenos, tócalles o ventre para ollar se comeron o suficiente durante todo o ano e déixalles unha morea de castañas quentes e, ás veces, algúns agasallos de madeira, desexándolles que teñan un bo ano novo cheo de felicidade e comida.

Os xoguetes de Rumboia son dun material similar ao peluche, recubertos de tela, teñen uns 30 centímetros de alto e estanse a distribuír por todo o país.
A recuperación desta figura está acompañada nos últimos anos dun pequeno 'boom comercial', pois ademais de bonecos existen libros, láminas e contos electrónicos sobre o mítico carboeiro.

O Apalpador

Ningún comentario:

Publicar un comentario