29 de mar. de 2011

Charlas en Sexto

Os grupos de 6º asistiron a dúas charlas impartidas polo CEM (Centro de Educación Ambiental), sobre "Os ríos" e "A vida no litoral".
Os dous grupos de 6º asistimos a duas charlas impartidas por educadoras do CEM (Educación ambiental). A primeira  tivo lugar no mes de febreiro “O noso litoral”, na que vimos moitas imaxes dos rios, das rías galegas  e da flora e fauna do  noso litoral. Sabiades que Galicia é a comunidade con máis quilómetros  de costa, casi 1.300 ?
A charla sobre “A vida nos ríos galegos” tivo lugar o luns 28 de marzo  na aula de informática. Recordamos distintas especies de animais e vexetais que viven nos nosos ríos. Como as troitas, a toupa de auga, o tritón,a salamandra, e tamén moitos paxaros que se alimentan nestes ríos como o carrizo, o paporrubio real, o ferreiriño,etc.

Tamén aprendemos o significado dunha nova palabra “bioindicador”. Os mirlos de río son bioindicadores. Esto quere dicir que indican que ese río atópase en boas condicións, non está contaminado. Tamén o martiño peixeiro é un bioindicador.
Martiño peixeiro


Por  último nos falaron da importancia de facer un bo consumo de auga. Só un 2,5% da auga total do noso  planeta  é auga  doce. Esta é unha cantidade moi pequena por iso é moi  importante coidar os ríos, non contaminalos e aforrar auga, non malgastala.

Río Xallas
Teredes mais información sobre estas charlas na revista escolar.
 E recorda, coida o teu litoral, coida os teus ríos, respeta o medio ambiente!

22 de mar. de 2011

"O sabor da aventura está no mar"


CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN, DO MAR E DE SANIDADE organizan:

ESTE VENRES, DÍA 25, dentro da campaña “ O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR”,  na que participa o noso centro e “que xira arredor de actividades formativas vinculadas ao mundo da alimentación, os sabores e a cociña, organízase unha sesión informativa, para Primaria, non só sobre as calidades e beneficios do PEIXE, senón que se trata dun conxunto de accións orientadas á modificación de hábitos de consumo, é decir, pasar de saber sobre o peixe a comer peixe”.
(O comedor escolar recibe 8 pratos preparados – un cada semana- a base de peixe fresco, servido en frío:
Fideúa de mexilón, Pastel de Xurel, Rodaballo ao forno con pataca panadeira, Pescada de Orly, Pizza de troita, Empanada de sardiñas, Croquetas de lirio, Albóndigas de xarda con arroz blanco e salsa de tomate.

8 de mar. de 2011

Parabéns no día Internacional da Muller!!


Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, así que dende o CEIP Eugenio López de Cee, felicitamos a tódalas mulleres do mundo e mandámoslles unha agarimosa aperta.
Parabéns no voso día!!!

6 de mar. de 2011

A Escola volve ao mar.

Acto de presentación
O Mar na Escola, de Cataventos Escola de Vela e o CM Carrumeiro,  dirixido aos alumnos de Cee, será nos meses de marzo, abril e maio. Representounos no acto o profesor D. Rubén Pérez. Ademais de navegar,  aprenderán a facer nós mariñeiros, normas de seguridade, nomenclatura náutica, achegamento á cultura mariñeira e os ventos. Organiza a actividade a ANPA do colexio.

1 de mar. de 2011

Os de 4 anos visitamos unha panadaría

Que ben o pasamos coa masa do pan semellaba ser plastilina!!!



Amasamos e amasamos e tamén nos manchamos un chisquiño, logo fixemos uns boliños e ao forno.


Mentras esperabamos fomos ver os animais e tamén algunha árbore que xa tiña as flores da primavera.




E como nos portamos moi ben ata nos invitaron a biscoito. Que bo estaba!!!!


Pasámolo xenial foi unha excursión moi rica e divertida.