26 de feb. de 2011

A DOAZÓN DE SANGUE en CEE

A finais de cada mes a Unidade móbil de transfusión de sangue visita Cee. Numerosas persoas voluntarias doan o seu sangue. O grupo de 5ºA acudiu ata o autobús e falaron con algunhas persoas doantes.
Así souberon que primeiro hai unha ENTREVISTA:"Antes da doazón un médico realiza unha entrevista confidencial, para descartar calquera aspecto que impida á súa realización.
O primeiro obxectivo é preserva-la saúde do doador.Mídese o pulso, a tensión sanguínea e tómase unha pinga de sangue dun dos dedos para medi-lo nivel de hemoglobina e descartar unha posible anemia." Seguidamente é a DOAZÓN DE SANGUE:
"Dura aproximadamente de 5 a 7 minutos. O persoal sanitario emprega MATERIAL ESTÉRIL e dun só uso, que é desprecintado momentos antes de atender ó doador.
Durante a doazón, NON hai ningunha posibilidade de contraer enfermidades transmisibles polo sangue.
Non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas".
"Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e cunha idade entre 18 e 65 anos inclusive.
Finalmente a fase da RECUPERACION:
Ó rematar a doazón, ó doador toma un pequeno refrixerio (auga ou refrescos e algún alimento sólido). O corpo humano ten entre 4 e 6 litros de sangue e neste acto altruísta doamos 450 mililitros. Este volume de sangue recupérase nas dúas horas posteriores á doazón inxerindo unha adecuada cantidade de líquidos (auga ou refrescos).
Recibimos uns CONSELLOS para ó doador ou doadora unha vez rematada a doazóns e tamén un AGASALLO."
http://ctg.sergas.es/

21 de feb. de 2011

Contando os días...

Non tedes ganas de orellas e filloas?? Nalgunhas casas xa se percibe ese recendo taaaaan exquisito!
A nós aínda nos queda agardar un pouquiño no cole pero dentro de dúas semanas escasas disfrutaremos destes postres tan galegos!
Aquí vos deixamos unha foto para ir abrindo boca!
Ah!! e non vos olvidedes de ir preparando os disfraces!! Ata prontoooo!!

19 de feb. de 2011

Campionato Provincial de Cross en idade escolar

Hoxe celebráronse na Pobra do Caramiñal as carreiras de campo a través correspondentes á fase provincial da Coruña. Do noso cole participaron porque estaban clasificados da anterior proba de xeito individual Marta en categoría benxamín feminino, e Berto e Xan en categoría benxamín masculino. Ademais clasificaran coma equipo Xabier, Mario, Raúl, Ismael, Jesús e Samuel na categoría alevín masculino.Unha vez máis os resultados foron excepcionais tendo en conta a fase na que nos atopamos.
A proba comezou coa carreira de categoría benxamín feminino, onde Marta tivo que percorrer 700 m. de distancia e rematou no posto décimo terceiro. Antes de comezar a carreira estaba un pouco nerviosa, era a primeira en participar, non sabiamos ben cal ía a ser o percorrido e quería rematar nun bo posto. Así que deron a saída desapareceron os nervios e situouse en posicións dianteiras rematando a proba nunha moi boa posición.


A continuación competiron os nenos de categoría benxamín masculin con Berto e Xan percorrendo igual distancia. Foi unha carreira moi disputada nos primeiros postos. Berto e Xan ocuparon durante toda a proba boas posicións e preto da meta Berto disputou os postos de privilexio con outros dous rapaces rematando segundo. Xan tamén rematou nun fenomenal posto, oitavo. Berto subiu ó podio trala proba a recoller a súa medalla de prata.




Na categoría benxamín, tanto masculino coma feminino esta era a derradeira proba de campo a través, a partir desta categoría clasificaban para a fase autonómica os tres mellores equipos e os oito mellores clasificados individuais.
Trala proba alevín feminino na que non participaba ninguén do colexo chegou o turno do equipo alevín masculino, onde tiñan moita ilusión por volver a clasificar por equipos para a fase galega.


A distancia a percorrer foi de 1.600 m. e trala saída déronse conta do nivel dos participantes. Dous nenos colleron unha distancia apreciable dende un primeiro momento, pero transcurrida a metade da mesma fundíronse e perderon as súas enerxías. Xabier foi progresando dende un terceiro posto ata rematar segundo en liña de meta. Despois del chegaron Raúl (trixésimo séptimo), Mario (cuadruxésimo terceiro), Ismael (quincuaxésimo cuarto), Samuel (quincuaxésimo oitavo) e Jesús (no posto 64). Por equipos remataron sextos empatados a puntos cos quintos clasificados. Xabier recibiu a súa medalla de prata no podio e clasifica para a final autonómica que se celebrará o vindeiro 12 de marzo en Ourense.


Noraboa a todos e a todas e sede conscientes de que participastes nunha final provincial onde só estabades os clasificados de fases intercomarcais de toda a provincia da Coruña, na súa inmensa maioría pertencentes a clubes de atletismo. Tendo moitísimo mérito a simple participación acabastes en moi bos postos que cómpre valorar moi positivamente.

17 de feb. de 2011

O disco de Newton

Ola de novo!!
Sabedes que os rapaces de 5º e 6º están feitos todos uns exploradores?? Si si, fixeron un disco de Newton para demostrar que mesturando da maneira correcta as cores do arco da vella consíguese ver a luz branca.
Isto é o que nos contan para demostralo:

"O pasado 4 de Febreiro fixemos un experimento, o Disco de Newton.
Para facelo a profe dounos un folio cun círculo dividido en 8 partes iguais. Pintamos cada unha das partes da súa cor correspondente: vermello, laranxa, amarelo, verde escuro, verde claro, azul, añil e violeta:


Recortamos o círculo e pegámolo en cartulina para que quedara máis chulo:



Despois clavámoslle un lápis no centro e fixémolo xirar, a modo de peonza.
É moi importante que as cores sexan as correctas e estén en orde, sen deixar espazos en branco.
Ó facelo xirar non vemos unha cor branca exactamente, pero sí unha cor grisácea.



Intentade facelo!! É moi sinxelo!!"

Texto de Carme Ayala (5ºA)
Fotos dos rapaces e rapazas de 6ºB

14 de feb. de 2011

♪ ♫ Así cambiaba así así... ♪ ♫

Ola a tod@s os blogueiros do cole!!!
Como vedes, estamos a facer cambios (novos e interesantes) que afectan sobretodo ó deseño do noso blogue.
Gústanvos??
Esperamos que sí ☺
Pouquiño a pouquiño iremos fedellando nisto para que sexa un dos blogues mais chulos da web!
Próximamente veredes o traballo que fixemos en plástica publicado, cos comentarios que fixéchedes os rapaces de 5ºA, e esperamos que disfrutedes vendo o estupendo que quedou!!
De momento... pois nada máis, pero, agardade que xa veredes como isto vai collendo forma...
Un saúdo e...
ata prontoooooooo!!!!

Bye bye!!

8 de feb. de 2011

Campo a través

O pasado día 28 de xaneiro un total de catorce alumnos do CEIP Eugenio López participaron na carreira correspondente á fase intercomarcal de campo a través celebrada no circuíto das pistas de atletismo de A Alta na Pobra do Caramiñal. Nesta proba estaban inscritos os nenos e nenas que tanto individualmente coma por equipos se clasificaron previamente nas fases comarcais de Noia-Muros, Barbanza, A Barcala-Soneira e Costa-Fisterra.
Da nosa escola estaban clasificados os equipos benxamín feminino, alevín masculino; e, individualmente, Berto e Xan en categoría benxamín masculino, e Adrián na categoría infantil masculino.
No equipo benxamín feminino correron Ana, Andrea, Clara, Gisela e Marta. Fixeron un gran esforzo porque trala saída, e despois de percorrer boa parte do circuíto anularon a proba e tivo que repetirse, pois non chegaran varias participantes doutro cole. Aínda así fixérono moi ben, incluso Marta acadou un gran posto, quedou séptima. Logo chegaron á meta Clara (vixésimo cuarta), Gisela (trixésimo cuarta) e Ana (trixésimo quinta). Andrea tivo que abandoar a proba por unha forte dor no abdome que non lle permitía correr.
Na seguinte proba, categoría benxamín masculino, Berto e Xan fixeron unha moi boa carreira, mesmo durante gran parte da mesma ían primeiro e segundo, ata a meta, onde outro neno que veu avanzando dende atrás disputou o primeiro posto con Berto. Neste incidente o xuíz de meta descalificou a Berto ao entender que no forcexeo por manter a súa posición interferiu no adiantamento. Finalmente Xan quedou en segundo posto e Berto descalificado. Despois de facer unha reclamación, permiten a Berto participar na seguinte proba correspondente á fase provincial.
Na seguinte carreira na que tiñamos representación, na categoría alevín masculino, Xabier foi o gran dominador, primeiro dende a saída ata a meta, mesmo cun sprint final sen ter a ningún perseguidor preto del. Os outros integrantes do equipo eran Mario (duodécimo clasificado), Raúl (décimo oitavo), Samuel (trixésimo cuarto), Ismael (trixésimo séptimo) e Jesús (cuadruxésimo oitavo). Cos bos resultados que obtiveron, remataron terceiros clasificados por equipos, subiron ao podio e gañaron cadansúa medalla e un trofeo.
Finalmente Adrián, na categoría infantil masculino, rematou no posto vixésimo cuarto. É un moi bo posto, porque competían nenos de 6º de Primaria e de 1º da ESO e as distancias vanse incrementando progresivamente en cada categoría.
Clasifican para a carreira correspondente á fase provincial de campo a través Berto e Xan en categoría benxamín masculino, e Xabier en categoría alevín masculino.


¡Noraboa a todos e a todas que participáchedes! pola ilusión coa que viaxades e corredes, o esforzo que realizades e, sobre todo. o excepcional comportamento, sendo un bo exemplo os nenos maiores para os máis novos e animándovos os uns aos outros. Nesta proba había varios clubes de atletismo: Clube de Atletismo Noia, Clube de Atletismo Elite de Noia, Agrupación Deportiva Salustiano Rey Eiras que se reparten os primeiros postos na maioría das carreiras. É lóxico, pois os seus integrantes adestran e, se ben na categoría benxamín o adestramento non se nota demasiado fronte aos nenos que practican calquera outro deporte ou xogan a miúdo, a partires da categoría alevín e cara categorías de maior idade, as diferenzas son máis abultadas. Os nenos e nenas do noso cole non adestran nin practicamos en educación física nada que se pareza a un adestramento de atletismo e os resultados son exclusivamente mérito dos nosos alumnos, que se manteñen en forma ao practicaren outros deportes ademais das clases de educación física.